Eo Alimenta

Asociación de produtoras Eo Alimenta

Como grupo de produtoras radicadas na biorrexión do río Eo, compartimos o mesmo soño: satisfacer a demanda total de alimentos, mediante unha produción agroecolóxica, ao conxunto da poboación residente no noso territorio.

Obxectivos da Asociación

Para facer realidade a estratexia Alimentaria, promovendo unha alimentación baseada en produtos do noso territorio e facilitando o acceso a alimentos agroecolóxicos, frescos, locais e de tempada, organizámonos en catro liñas de traballo

Promover e dinamizar a produción agroecolóxica

Favorecer a incorporación de persoas que cultiven de forma agroecolóxica no territorio, diversificar a produción e contribuir á mellora do acceso á terra.

Fortalecer o sector produtivo a pequena e mediana escala

Traballar polo recoñecemento e a dignificación do sector produtivo para a implementación de proxectos sostíbeis na biorrexión do Eo.

Fomentar a colaboración e cooperación entre axentes

Mellorar a organización e a unión entre as persoas produtoras, mediante a xeración de dinámicas cooperativas e infraestruturas loxísticas de colla e distribución conxunta.

Promover e dinamizar o consumo agroecolóxico

Traballar na difusión e sensibilización dun modelo de produción e consumo agroecolóxico e os seus beneficios dende unha perspectiva social e medioambiental

Planificación e distribución conxunta

Facilitamos o acceso a alimentos de kilómetro cero a través da venda conxunta
Contacta
Mockup

Planificación coordinada

Articulando a pequena produción, poñemos ao teu dispor unha ampla variedade de produtos locais e de tempada.
Mockup

Distribución conxunta

Levámoste os produtos das diferentes produtoras e produtores preparado nun único pedido.
Mockup

Servizo de proximidade

Estás comprando directamente a produtores e produtoras, sen intermediarios.
Update cookies preferences