Unidas por unha alimentación máis saudable para as persoas e para o planeta
Alimentación e sostibilidade na biorrexión do río Eo
Queremos contribuír ao cambio de modelo agroalimentario que deixe atrás os impactos ambientais negativos do modelo imperante e que contribúa a superar a dispersión e o illamento social das persoas que producimos de forma agroecolóxica.
Ribeiregas é a rama de alimentación da Cooperativa Ribeira do Navia. Producen alimentos, paisaxe, cultura e vida nun territorio xeograficamente afastado e transfronteirizo da alta montaña lucense. Ofrecen alimentos de horta ecolóxicos en fresco e tamén elaboran conservas como salsas, fermentados, zumes, patés, cutneys, zume de mazá, arando, salsa de tomate, etc. Tamén dan formacións nesta liña.
Breogainas é unha cooperativa que aposta por traballar baixo as premisas da agricultura ecolóxica e o comercio de proximidade. Está formada por Sergio e Breo, que deciden volver ao rural construíndo un traballo digno e respectuoso co medio e coas persoas que o habitan.
As Fadegas é un dos primeiros proxectos de agricultura da provincia de Lugo en ter invernadoiros e en producir en ecolóxico. Marta e Montse tomaron o relevo de Elia e Vicente mantendo a mesma filosofía: producir froita e hortalizas de calidade para o mercado local.
Finca El Cabillón é un proxecto económico e social iniciado por Fundación EDES en Tapia de Casariego, que aposta por un modelo de comercialización baseado na venda directa, potenciando a relación de confianza entre as persoas produtoras e consumidoras, establecendo relacións comerciais xustas para ambas as partes, quen produce os alimentos e quen os consome.
Os proxectos que acabas de ver son proxectos de horta que cooperan para a venta conxunta das súas hortalizas. No seguinte mapa podes ver máis proxectos presentes no territorio, como cultivo de arandos, mel, setas, etc.