
Seguimos celebrando cada paso no ComerEo! Cada mes que pasa, máis preto do noso obxectivo: incluir alimentos agroecolóxicos nos comedores escolares a través dun menú equilibrado e nutritivo, adaptado a temporalidade de cada cultivo e involucrando ás comunidades educativas!
Onte rematabamos a segunda fase do proxecto. A primeira fase foi de análise e diagnose da xestión dos hábitos alimentarios e do comedor de cada un dos colexios que forman parte deste proxecto experimental, CEIP A Pontenova e CEIP Principe De Asturias no concello de Tapia de Casariego.
A segunda fase era a de activación da comunidade educativa, para o que tivemos sesións de escoita e cocreación co profesorado da que saíron varias accións tanto para realizar co alumnado como coas familias.

Confirmamos que existe interese do profesorado por implantar unha mellora no centro.

Fixemos obradoiros para todo o alumnado onde cociñaron merendas saudables e sostibles.

Escoitamos as ideas e peticións das familias.

Planificamos as actividades para a próxima fase.

Celebramos os logros acadados ata o momento.
Dende a coordinación técnica do Eo Alimenta, agradecemos a labor de Lucas e Saray, responsables do deseño e desenvolvemento das actividades do ComerEo.
Seguimos entusiasmadas e agradecidas pola boa acollida que tiveron as accións realizadas.
Como din a través do Ultralimento:
Continuamos a alimentar o cambio de hábitos para unha vida sostible a través da alimentación e a imaxinación.
Seguiremos informando dos avances neste proxecto

.
